Política de Privacidad
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
Identidade: Asociación Misela – CIF: G-15.450.208
Dir. postal: Avda. República Arxentina, nº 60, CP 15200, en Noia (A Coruña).
Teléfono: 981 97 28 22 Correo elect: misela@misela.es
DPD: LHL Consultores (Laura Huerta Lejo) Correo DPD: dpd@lhlconsultores.com
Con que finalidade tratamos os datos persoais das nosas persoas usuarias?
Na Asociación Misela tratamos os datos persoais dos/as nosos/as usuarios/as coas seguintes finalidades:
- a) Xestión de todos os servizos de rehabilitación e de intervención psicosocial e laboral prestados pola asociación nos seus diferentes centros e programas.
- b) Xestión administrativa interna e xestión fiscal e contable da entidade.
- c) Promoción da actividade desenrolada pola nosa entidade, a través da toma e publicación de imaxes e/ou vídeos, sempre que contemos co seu consentimento previo, nos que Vd. ou, no seu caso a persoa á que presta o seu apoio, poida aparecer durante a prestación dos servizos asistenciais prestados por Asociación Misela, para a súa publicación na páxina web da entidade con dominio misela.es e/ouno perfil aberto nas redes sociaisFacebook e Instagram co nome “Asociación Misela”.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos datos dos nosos/as usuarios/as?
A base legal para o tratamento dos datos persoais dos nosos/as usuarios/as para a finalidade a) , arriba indicada, é a execución dun contrato de servizos celebrado entre Asociación Misela e o/a usuario ou usuaria e, no seu caso, consentimento expreso facilitado a través dos modelos específicos facilitados pola asociación.
A base legal para o tratamento dos datos persoais dos nosos/as usuarios/as para a finalidade b) é o cumprimento dunha obrigación legal esixible á Asociación Misela.
A base legal para o tratamento dos datos persoais das nosas persoas usuarias para a finalidade c) é o consentimento expreso que nos facilitara, no seu caso, a través dos modelos facilitados por Asociación Misela.
Por canto tempo conservaremos os datos dos nosos/as usuarios/as?
Os seus datos persoais ou ben os da persoa usuaria, proporcionados durante a prestación dos servizos asistenciais prestados nos centros e programas da asociación, conservaranse por parte de Asociación Misela mentres se manteña a prestación do servizo asistencial e durante o prazo legal establecido pola normativa nacional e autonómica que poida ser de aplicación aos servicios asistenciais que se prestan na entidade.
Igualmente, debido ás obrigacións fiscais e contables de Asociación Misela derivadas da facturación dos servizos que lle prestamos, os seus datos persoais, que se relacionen coa facturación de servizos e contabilidade destes, conservaranse durante o prazo legal de 5 anos no que prescribirían as responsabilidades nesta materia.
A que destinatarios se comunicarán os datos das nosas persoas usuarias?
No caso de ser necesario para o correcto funcionamento da entidade, a prestadores de servizos que actúen como encargados de tratamento de Asociación Misela, cos que previamente se asinase o correspondente contrato de acceso a datos que garantirá a integridade, confidencialidade e dispoñibilidade dos seus datos persoais e/ou os do menor.
Igualmente, en caso de existir algún tipo de obrigación legal, Asociación Misela procederá a realizar as cesións legais dos seus datos ás que legalmente se atope obrigado.
Cales son os dereitos dos/as noso/as usuarios/as cando nos facilitan os seus datos?
En virtude do establecido no RXPD pode solicitar:
Dereito de acceso: solicitar información de aqueles datos persoais que dispoñamos acerca de vostede.
Dereito de rectificación: comunicar calquera cambio nos seus datos persoais.
Dereito de supresión e ao esquecemento: solicitar a eliminación previo bloqueo dos datos persoais.
Dereito de limitación ao tratamento: supón a restrición do tratamento dos datos persoais.
Dereito de oposición: retirar o consentimento do tratamento dos datos, opoñéndose a que se sigan tratando.
Dereito á portabilidade: nalgúns casos, pedir unha copia dos datos persoais nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica para a súa transmisión a outro responsable.
Dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas: solicitar que non se tomen decisións que se baseen unicamente no tratamento automatizado, incluíndo a elaboración de perfiles, que produza efectos xurídicos ou afecte de xeito significativo ao/á interesado/a.
Asociación Misela infórmalle que, en calquera momento, pode exercitar os anteditos dereitos mediante a solicitude dos modelos pertinentes na dirección ou a través do correo electrónico indicado no primeiro punto da presente política de privacidade.
Cada solicitude de exercicio de dereitos que nos presente deberá conter no asunto a referencia “Exercicio dereitos RXPD” e incluír os seguintes datos: nome e apelidos, domicilio a efectos de notificación, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e petición concreta que se solicita. No caso de exercitarse en nome de outra persoa, deberase axuntar un documento que acredite de xeito claro a representación ostentada.
Se considerase que algún dos dereitos anteriormente mencionados non fose respectado, Vostede terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. (https://www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphp.php).