Sobre Nós
O 16 de xuño de 1993, a raíz da unión de pais dos nenos que acudían ó STAND (Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidade), do Concello de Noia, constituíuse a Asociación de Pais do STAND, coa finalidade de dar ó neno con discapacidade o completo benestar físico, psíquico e social.
Ó longo dos anos, a entidade evoluciona cara á atención das persoas con discapacidade, tanto nenos e nenas como adultos, a través de servizos especializados.
No ano 2012, para dar un impulso á labor da entidade e aumentar a súa visibilidade social, a Asociación de Pais do STAND cambia de nome, denominándose a partir dese momento MISELA Asociación de persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros.
En 2015 créase un novo servizo para adultos, o Centro de Atención á Persoa con Discapacidade en Noia, contando con 15 prazas de centro de día para persoas con discapacidade e 15 prazas de centro ocupacional.
A Asociación MISELA é unha entidade sen ánimo de lucro, cos seguintes rexistros e inscricións:
- Inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións con data 28 de outubro de 1993, con número 3465/1ª.
- Inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais con data 24 de marzo de 1995, con número E-0794.
- Declarada de Utilidade Pública, por orde autonómica do 16 de novembro de 2010.
Os obxectivos estatutarios da Asociación son:
- Promover a autonomía e a integración das persoas con discapacidade no ámbito familiar, escolar, social e laboral.
- Potenciar a utilización e a busca dos recursos necesarios para unha mellor atención da persoa con discapacidade ou neno con risco de padecela.
- Prestar asesoramento e atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias ou titores.
- Defender os dereitos do neno e da persoa con discapacidade en xeral.
- Prevención de posibles discapacidades.
- Fomentar a inclusión laboral das persoas con discapacidade.
- Promover a actividade cultural, a práctica deportiva e a actividade física nas persoas con discapacidade.
O ámbito de actuación da Asociación comprende Noia, Lousame, Outes, Porto do Son e Muros, aínda que en casos excepcionais aténdese a persoas con discapacidade procedentes doutros concellos cercanos.
A nosa Misión, Visión e Valores
Misión
A Asociación Misela é unha entidade privada sen ánimo de lucro que ten como misión promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como fomentar a participación e o benestar das familias, a través dunha atención individualizada e interdisciplinar dende a infancia, na comarca de Noia e concellos limítrofes.
Visión
Ser unha entidade que actúa de forma responsable, organizada, aberta á comunidade, orientada á calidade e con capacidade de adaptación ó cambio:
- Na prestación de servizos integrais de atención á persoa con discapacidade ou ó neno con risco de adquirila, así como ás súas familias.
- Na loita pola inclusión e a participación efectiva das persoas con discapacidade no ámbito familiar, escolar, social e laboral.
Valores
As accións levadas a cabo pola Asociación Misela, réxense polos seguintes valores:
- Traballo en equipo
- Mellora continua
- Respecto
- Transparencia
- Igualdade interseccional
- Implicación
- Confianza
- Proximidade
- Accesibilidade
- Inclusión
- Capacidade de adaptación ó cambio
- Profesionalidade
A Asociación Misela conta cun Código Ético propio, que pode ser descargado premendo AQUÍ.
Organigrama Misela
Órganos de goberno
A Xunta Directiva está composta por:
- Presidenta: Mª Carmen Hermida Santamaría
- Vicepresidenta: Mª Begoña Martínez García
- Secretaria: Mª Oliva Filgueira Peña
- Tesoureiro: José Barrio Guldrís
- Vogais: Rocío Pedrosa Pedrosa, Mª Dolores García Hermida, María del Sol Cespón Carnota, Noemí Rodríguez Calvo e Mª José Abuín Martínez.
Equipo Misela
O equipo Misela está formado por máis de 10 profesionais que traballan cun enfoque interdisciplinar para dar cumprimento á nosa misión, compartindo os valores da entidade como base fundamental. Este equipo de persoas está formado por:
Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá
Fisioterapeuta
Psicóloga
Terapeuta Ocupacional
Centro Ocupacional e Centro de Día Misela
Psicóloga
Integradora Social
Mestra
Integradora Social
Fisioterapeuta
Coidadora
Educadora Social
Coidadora
Área de Administración e Dirección
Directora
Responsable de Administración
Administrativa
Mellora continua
A Asociación Misela conta co certificado de calidade ISO 9001 dende o ano 2012, que recoñece o noso compromiso coa mellora continua.
De forma periódica o Equipo de Calidade da Asociación Misela, realiza un seguimento e análise dos indicadores dos seus procesos para establecer medidas de mellora, no caso de ser necesario.
Anualmente os servizos da entidade, sométense a dúas auditorías, unha interna e outra externa.
Este é o certificado ISO 9001 da Asociación Misela:
Así, a Política de Calidade da Asociación MISELA establece:
A Asociación MISELA comprométese a promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como fomentar a participación e o benestar das familias, a través dunha atención individualizada e interdisciplinar dende a infancia, nas comarcas de Noia e Muros.
Para cumprir coa súa política e garantir a satisfacción das necesidades e expectativas dos diferentes grupos de interese, a Asociación adquire os seguintes compromisos:
Coas persoas con discapacidade:
- Ofrecer unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades.
- Fomentar a igualdade de oportunidades no ámbito rural.
- Promover a continuidade e a mellora dos servizos.
Coas familias das persoas con discapacidade:
- Facilitar a participación e implicación das familias.
- Fomentar a dispoñibilidade dos traballadores e o trato próximo e respectuoso.
- Promover a continuidade e a mellora dos servizos.
Cos traballadores da entidade
- Fomentar o traballo en equipo.
- Garantir a estabilidade laboral e o recoñecemento profesional.
- Asegurar espazos de planificación e avaliación do traballo.
- Facilitar a formación.
Cos financiadores e colaboradores
- Eficacia e transparencia na xestión.
- Rendición de contas dos programas subvencionados e da Asociación en xeral.
- Difusión social da colaboración obtida.
Cos socios e a comunidade
- Facilitar a comunicación e dar a coñecer os servizos e proxectos da Asociación.
- Promover o voluntariado.