SOMOS

ASOCIACIÓN MISELA

SOBRE NÓS

Asociación Misela

Somos unha entidade privada sen ánimo de lucro constituída no ano 1993, que está rexistrada como Entidade Prestadora de Servizos Sociais dende 1995 e que foi declarada Entidade de Utilidade Pública en decembro do 2010.

Así mesmo, a nivel autonómico, a Asociación é membro de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Servizos

Os obxectivos da Asociación lévanse a cabo na actualidade a través dos seguintes servizos de atención á persoa con discapacidade, desde a súa infancia ata a idade adulta:

EDIAT

(Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá),

Ofrecemos servizos a nenos con trastornos no seu desenvolvemento ou risco de padecelos ata os 16 anos.

Centro de Día Misela

Dirixido a persoas con discapacidade intelectual de entre 16 e 65 anos, con necesidades de apoio extenso e xeneralizado.

Centro Ocupacional Misela

Dirixido a persoas con discapacidade intelectual de entre 16 e 65 anos, con necesidades de apoio intermitente, que precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, social, terapéutico e ocupacional.

Ir al contenido