Centro de Día Misela

CENTRO DE DÍA

Centro de Día Misela

Centro de Día Misela: Servizo de atención diúrna destinado a persoas con discapacidade intelectual, con idades comprendidas entre os 16 e os 65 anos, con necesidades de apoio extenso e xeneralizado.

Nº Rexistro RUEPSS: E-0794-C1

O Centro de Día Misela conta cunha capacidade de 15 prazas.

E os seus principais obxectivos son:

  • Ofrecer unha asistencia integral á persoa con discapacidade para conseguir o máximo nivel de desenvolvemento persoal e de integración social.
  • Contribuír a mellorar o seu desenvolvemento persoal e social, mediante a combinación das actividades rehabilitadoras e a convivencia en grupo como marco de referencia.
  • Previr a progresión das situacións de deterioro físico e psíquico.
  • Apoiar ás familias, titores ou outros profesionais que atenden ó usuario.

A través de COGAMI:

  • Servizo de Intermediación Laboral (SIL)
  • Asesoría xurídica
  • Asesoramento especializado en materia de accesibilidade

A atención que se presta neste servizo inclúe:

  1. Información, valoración, seguimento e orientación: servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación e o servizo de información, orientación e formación a familiares.
  2. Formación básica e instrumental: asistencia e fomento da funcionalidade nas actividades básicas e instrumentais da vida diaria.
  3. Actividades e programas: actividades de ocio e tempo libre, actividades deportivas, horta terapéutica e outros obradoiros temáticos e de formación como Recicl-arte e Obraxes.
  4. Mantemento e/ou rehabilitación: fisioterapia, estimulación cognitiva,  atención psicolóxica
  5. Servizo de comedor
  6. Servizo de transporte adaptado
  7. Atención ás familias

 

Ir al contenido