Centro Ocupacional Misela

CENTRO OCUPACIONAL

Centro Ocupacional Misela

Servizo de atención diúrna destinado a persoas con discapacidade intelectual, con idades comprendidas entre os 16 e os 65 anos, con necesidades de apoio intermitente, que precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, social, terapéutico e ocupacional.

Nº Rexistro RUEPSS: E-0794-C2

O Centro Ocupacional Misela conta cunha capacidade de 15 prazas.

Céntrase por un lado, na atención integral da persoa con discapacidade, tendente a promoción da súa vida autónoma e a normalización das súas condicións de vida, e por outro lado na adquisición de coñecementos no ámbito ocupacional ou pre-laboral tendentes a facilitar a súa inclusión social e laboral.

A atención que se presta neste servizo inclúe

1. Información, valoración, seguimento e orientación: servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación e o servizo de información, orientación e formación a familiares.

2. Formación básica e instrumental: asistencia e fomento da funcionalidade nas actividades básicas e instrumentais da vida diaria.

3. Actividades e programas: actividades de ocio e tempo libre, actividades deportivas e obradoiros temáticos e de formación.

4. Formación profesional: servizos de formación para o emprego:

Horta-Misela: produción de froitos, legumes e hortalizas a través de técnicas básicas en horticultura empregando métodos respectuosos co medio ambiente.

Voga-Voga, pola redución dos residuos plásticos no medio mariño: limpeza de praias e transformación dos residuos plásticos recollidos nun taller de prototipado.

Recicl-arte: decoración de espazos públicos e privados empregando material reciclado. Levando a cabo traballos para cafeterías, bares, administracións públicas,       tendas, etc.

Obraxes: elaboración de produtos de regalo a través de distintas técnicas: cestería, coiro, costura, etc.

5. Mantemento e/ou rehabilitación: fisioterapia, estimulación cognitiva,  atención psicolóxica.

6. Servizo de comedor.

7. Servizo de transporte adaptado.

8. Atención ás familias.

A través de COGAMI tamén se ofrecen os seguintes servizos:

  • Servizo de Intermediación Laboral (SIL)
  • Asesoría xurídica
  • Asesoramento especializado en materia de accesibilidade
Ir al contenido