Setembro 2017: Nova psicóloga no EDIAT.

 

Dende o pasado mes de xaneiro, incorporamos o noso Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá (EDIAT), unha nova profesional do ámbito da psicoloxía. Con ela pretendemos ampliar as prestacións ofertadas ós nenos, adolescentes e familias que acoden ao EDIAT.

 

Dentro destas prestacións podemos destacar as seguintes:

Terapia individual:

  • Promoción do benestar emocional.
  • Mellora das habilidades de aprendizaxe e reforzo educativo.
  • Estimulación das habilidades cognitivas: memoria, razoamento, atención,…
  • Fomento das habilidades de comunicación.

Terapia familiar:

  • Promoción do desenvolvemento de relacións familiares positivas.
  • Asesoramento para o establecemento de límites e normas adecuadas.
  • Orientación familiar.
  • Mellora dos patróns de conduta de nenos e adolescentes.

Terapias grupais:

Actualmente estanse a realizar grupos de habilidades sociais nas que se traballan aspectos socio-emocionáis como: a identificación e expresión de emocións, a asertividade, a empatía, o respeto, o saber escoitar, o traballo en equipo,…

 

Como proxecto de futuro, estase estudando a posibilidade de incorporar unha nova intervención na que se preste atención a través dun formato grupal, aos irmáns dos nenos que acoden o EDIAT. O obxectivo desta vía de intervención é satisfacer as necesidades e demandas derivadas do seu papel no ámbito familiar, para poder, deste xeito incrementar a calidade de vida no sistema familiar.

 

Xullo 2017: "Traballando" os valores.

 

Referímonos a valores cando falamos de crenzas e conviccións que inflúen no comportamento dos membros dunha organización. Estes determinan como os seus membros perciben e interpretan os problemas e toman decisións.

Os valores nas organizacións teñen unha utilidade práctica para todos os integrantes.

Todas as persoas que traballan na entidade teñen que coñecelos, compartilos, comprender os comportamentos que implican e poñerse de acordo para levalos á práctica. Os valores son a base de actitudes, motivacións e expectativas dos traballadores, e son o eixe do seu comportamento.

O equipo humano de Misela a través de reunións e posta en común, estamos a elaborar un listado dos valores que se converterá nun listado de comportamentos relacionados con eles, algúns dos cales son:

Traballo en equipo, respecto, transparencia, responsabilidade, compromiso, motivación, implicación, profesionalidade, accesibilidade, inclusión, mellora continua, cercanía, confianza…

A raíz deste traballo en común elaboraremos una documentación segundo as conclusións que se saquen, tales como un código ético, manual de boas prácticas etc.

Todos os profesionais de MISELA subscribimos ditos valores e actuamos de acordo a eles, tendo en conta que disto se derivan beneficios tanto persoais como para a entidade.

 

Este traballo  está enmarcado dentro dun obxectivo de calidade que é promover unha visión común dos valores e cultura da entidade.

 

Xuño 2017: 14 de xuño, Día Nacional das Linguas de signos Españolas.

 

As linguas de signos son linguas ou sistemas lingüísticos de carácter visual, espacial, xestual e manual e na súa conformación interveñen factores históricos, culturais, lingüísticos e sociais, utilizadas tradicionalmente como linguas polas persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegassignantes en España (Ley 27/2007, artigo 4). En España están recoñecidas as linguas de signos española e catalana pero aínda queda un largo camiño para lograr a plena inclusión deste colectivo.

Como cada mércores, na Asociación Misela a Mestra de Educación Especial imparte unha sesión grupal de Lingua de Signos. A ela acoden 10 usuarios/as, unha delas cunha discapacidade auditiva. O obxectivo do taller é eliminar as barreiras de comunicación que se dan na vida diaria no centro e no entorno no que viven. Os usuarios aprenden os nomes e signos de cada un, a saudarse, normas básicas de cortesía (bos días, tardes, noites, grazas, de nada, por favor,...) e vocabulario de uso cotiá (por exemplo verbos, as estancias do centro e materiais que utilizamos no mesmo).

A nosa misión é difundir unha imaxe positiva da lingua de signos que sirva como vehículo de comunicación, integración e participación na sociedade. Así mesmo tratamos de eliminar as barreiras comunicativas existentes e fomentar a comunicación e as relacións persoais entre os nosos usuarios e traballadores do centro.

 

 

Abril 2017: Convenio de colaboración.

  

Tendo presentes as necesidades e expectativas de ambas partes interesadas para o desenvolvemento das nosas actividades, e  co obxectivo de seguir na procura de servizos de calidade, en xaneiro deste ano 2017 asinamos un convenio de colaboración coa Asociación Pro Saúde Mental A Creba en materia de transporte.

A inclusión social das persoas con discapacidade require da participación de distintos actores sociais, por iso dende  as entidades que traballamos no eido social, e en particular a Asociación Misela,  apostamos polo aproveitamento dos recursos para favorecer que as persoas en risco de exclusión social gocen plenamente e en condicións de igualdade de todos os dereitos humanos.

As necesidades ligadas á discapacidade deben pasar por actuacións e cambios no entorno no que se desenvolve a persoa:  fogar, espazos educativos e de traballo, instalacións para o lecer, …, e nas estruturas sociais formais e informais da comunidade: comunicación, transporte, …. Polo que a través da sinatura deste convenio  preténdese a optimización dos recursos dispoñibles, e que  as persoas que se benefician do transporte poidan disfrutar dunha vida autónoma e independente.

 

Marzo 2017: Os produtos de apoio.

 

Os produtos de apoio, anteriormente denominados axudas técnicas, son aqueles instrumentos utilizados por e para persoas con discapacidade para facilitar a súa participación, tanto nas actividades da vida diaria (AVD) como na comunidade. Así mesmo, protexen, apoian, adestran e substitúen as funcións ou estruturas corporais que poidan verse restrinxidas, alteradas ou limitadas. O obxectivo dun produto de apoio é a realización de tarefas de forma autónoma ou con axuda dun asistente, con eficacia, seguridade e comodidade. Estes abarcan un amplo abanico dende utensilios tan simples como o engrosamento dun mango dun cuberto para comer, ata o mais sofisticado sistema de acceso ó ordenador que permita á persoa achegarse as novas tecnoloxías.

O terapeuta ocupacional é aquel profesional responsable da recomendación, asesoramento, adestramento e adaptación de todo produto á persoa. Isto débese a que o Terapeuta é aquel profesional que ten como obxectivo principal capacitar as persoas para que participen nas AVD, mediante a modificación do entorno ou a adaptación das tarefas. Normalmente, estes produtos comercialízanse no mercado de gran consumo sendo pouco módicos polos seus altos prezos. Dende o centro Misela, incorpóranse novos servizos dende a terapia ocupacional que permiten a posibilitación e dispoñibilidade de produtos de apoio ós usuarios e coidadores, mediante o contacto con outras entidades que dispoñen de probas, préstamos, arrendamentos ou venda destas ferramentas. O contacto e as relacións con diversas entidades permite que sexa mais fácil atopar e dispoñer de produtos de apoio, por baixos prezos ou incluso de balde. Algo que da lugar a que sexa mais simple e cómodo adaptar a vida diaria da persoa de maneira rápida e eficaz. Con todo isto, potenciamos o noso compromiso centrado na persoa de maneira específica e unimos forzas con outras entidades.

 

 

Febreiro 2017: Wii-Terapia.

 

Co avance da sociedade, as novas tecnoloxías estanse transformando en parte fundamental do quefacer diario das persoas, polo que a integración dos nosos usuarios en ditas actividades converteuse nun dos nosos principais obxectivos. A día de hoxe, as tecnoloxías convertéronse nunha ferramenta clave para a creación de novas terapias non farmacolóxicas baseadas en modelos psicosociais.

No noso centro somos partidarios de todo tipo de terapias innovadoras que poidan favorecer e mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios.  Dentro disto atopamos a Wii-Terapia, que se trata dunha técnica que, a través do xogo nunha videoconsola, fomenta o nacemento de situacións lúdicas que permitan a estimulación das funcións cognitivas superiores, promova a interacción social e mellore a mobilidade funcional da persoa. O obxectivo xeral deste novo programa é empoderar e fomentar a autoestima da persoa, promovendo as capacidades residuais e mellorar  as funcións alteradas.

Para comezar, integramos o xogo Wii-SPORTS, onde se inclúen diferentes xogos físicos como os bolos, tenis, golf, entre outros. A finalidade principal é estimular as funcións cognitivas como a atención, percepción, memoria e a orientación. Así mesmo, mellorar a mobilidade funcional, sobre todo a coordinación dos movementos, o ton e o equilibrio postural. Todo isto coa creación dun ambiente baseado no apoio social entre compañeiros.

 

 

Outubro 2016: Coordinándonos coas escolas.

 

Cando un neno ou unha nena se enfronta a desafíos no seu desenvolvemento, ben de forma transitoria ou de forma máis permanente, vai necesitar de apoios específicos que o axuden a ir avanzando. Nesta necesidade de apoio se sitúa o noso Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá (EDIAT).

Así, as nosas salas, as nosas sesións, convértense en espazos onde probar cousas, onde experimentar de forma segura novas maneiras de facer, de xogar, de moverse, de relacionarse; pero é fóra das mesmas, noutros espazos sociais, onde os nenos e nenas afrontan de verdade os retos máis difíciles. Ben na familia, ben no colexio ou no parque, en actividades extraescolares ou no supermercado.

 

É por isto que nesta época do ano, tendo en conta que a escola é un dos elementos máis importantes e con maior presenza da vida dun neno, desde o EDIAT realizamos reunións cos profesores dos colexios nos que están escolarizados os nenos e nenas aos que atendemos. Adoitamos, e preferimos, que estas teñan lugar nos centros educativos, xa que isto permite xuntar aos diferentes profesores que están en contacto co neno: titor/a, orientador/a, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, educación física, etc. Sempre segundo as posibilidades de cada centro, tamén podemos ter a oportunidade de coñecer a aula, o material de que dispoñen, ver ós nenos no seu grupo, o patio; aspectos moi útiles para axudar a resolver as preocupacións que nos achegan os docentes, así como para propoñer modificacións do entorno que faciliten ó neno a participación e aproveitamento nas actividades escolares e na relación cos compañeiros. Ademais, resulta especialmente útil asistir xunto con outros profesionais que atenden ó neno fóra do colexio, como por exemplo co STAND, do Concello de  Noia, servizo co que traballamos moi estreitamente no día a día, ou profesionais do ámbito privado, de ser o caso.

 

Aínda que durante o curso soemos empregar tamén o contacto telefónico, as reunións presenciais seguen a ser elementos indispensables para establecer unha liña de comunicación e entendemento entre o noso servizo e o equipo docente, e, dentro das peculiaridades de cada entorno, poder levar unhas liñas comúns no que respecta á atención ao neno e á súa familia, buscando o asesoramento mutuo.

 

Fonte das imaxes:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalexandrecadarso/

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipserradeoutes/

 

Setembro 2016: Subvención a entidades de iniciativa social para a promoción de

actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

 

Neste mes de Setembro comezamos tres cursos que se prolongarán ata Marzo de 2017: Iniciación ás novas tecnoloxías, Iniciación á fotografía e Traballo artesanal do coiro, promovidos pola Xunta de Galicia e organizados por Misela para levar a cabo cos usuarios dos centros de día e ocupacional.

Tendo en conta que a novas tecnoloxías son fundamentais no momento actual os nosos usuarios recibirán formación básica  neste eido (windows, internet, páxina web...) co fin de acercarse a este campo e así facilitar ó acceso á internet e o manexo do ordenador no traballo que realizan no centro.

A través do traballo artesanal do coiro lévanse a cabo obradoiros con este material para elaboración de produtos artesanais co coiro e logo poñer á venda nas exposicións que realizamos durante o ano e así diversificar os produtos que se elaboran nos talleres do centro.

Co curso básico de fotografía pretendemos que todos os nosos usuarios aprendan a usar tanto o móbil coma as cámaras de fotos que teñen dun xeito óptimo e así disfrutar e ó mesmo tempo aprender  nocións básicas de fotografía para  que logo sexan eles mesmos os que realicen as fotos que ilustrarán o calendario solidario 2017.

 A través deste tipo de iniciativas Misela leva a cabo este tipo de actividades que favorecen a calidade de vida das persoas e favorecen así a súa integración e participación social.

 

Xullo 2016: Creación do Blog "Osamigosdemisela".

 

Dende o mes de Maio ata o presente e no futuro próximo na Asociación Misela, estamos e estaremos levando a cabo un novo proxecto que nace da implicación no traballo e se constrúe paso a paso cas ganas e implicación dos usuarios do centro.

 

Nace o Blog "Osamigosdemisela" un novo espazo de reflexión e aprendizaxe, onde os usuarios van avanzando nas novas tecnoloxías e redes socias, facendo unha boa práctica destas a modo de espazo de reflexión, divulgación e que sirva como ferramenta para espertar o espírito crítico, estruturando e elaborando pensamentos e ideas.

Nestes meses xa comezamos o noso camiño de expresión polo que vos convidamos a que sigades de cerca esta nova iniciativa chea de ilusión.

 

Ligazón: https://osamigosdemisela.blogspot.com.es/

 

 

Xuño 2016: Cursos de formación: Estimulación Basal e Multisensorial.

 

Durante o pasado mes de abril e o presente mes de xuño, tres dos nosos profesionais (Mestra de Educación Especial, Terapeuta Ocupacional e Fisioterapeuta) realizaron un Curso de Formación durante dous fins de semana, sobre a importancia da Estimulación Basal e Multisensorial no desenvolvemento das persoas con pluridiscapacidade.

O concepto de Estimulación Basal foi creado por A. Fröhlich nos anos 70 en Alemaña.

O seu iniciador  defínea  como "unha forma de potenciación da comunicación, a interacción e o desenvolvemento  orientada en todas as súas áreas ás necesidades básicas do ser humano". 

Os estímulos susceptibles de ser percibidos serán aqueles  que estruturados de maneira adecuada para cada quen, dan información á persoa sobre o seu propio "yo" corporal, sobre a persoa coa  que se está relacionando e sobre o entorno que o envolve. Así mesmo, "estimulación"  temos que entendela como "impulso" que facilitará a apertura dun mesmo cara o entorno e que ofrecemos a alguén que, debido á súa discapacidade non está en condicións de asegurarse por si mesmo o seu propio desarrollo.  A palabra "estimulación" pois, vai máis alá de aquilo puramente sensorial, e invitanos á proposta, á oferta e a activación do outro mediante propostas que lle sexan suficientemente atractivas, próximas e significativas.

             

Formáronse pois, en aspectos tanto teóricos como prácticos, técnicas e actividades de estimulación (somática, vestibular, vibratoria, auditiva, táctil-háptica, oral, gustativa, olfativa, visual, comunicativa), para poder dar resposta ós usuarios que o precisen.

                 

Maio 2016: Un mes coa axenda completa!

 

Neste mes de maio tivemos unha intensa actividade, coa axenda chea de citas importantes.

 

O 6 de maio celebrouse a IV Xornada da Inclusión organizada pola Asociación Íntegro, de Cabana de Bergantiños. Os usuarios do centro de adultos acudiron, como cada ano, xunto con outras entidades de persoas con discapacidade, como Adisbismur, Ambar, Avante ou Un paso máis. Nesta ocasión tivo lugar en Baio, coincidindo coa iniciativa "Baio ten a pelota", da Asociación de Empresarios Comarca da Soneira, de maneira que o lema da xornada era "Nós tamén temos a pelota". O programa incluíu a Marcha Diversa, ó final da cal leuse un manifesto pola inclusión, a Ruta do Pincho Inclusivo, unha master class de zumba, etc., aínda que o mellor da xornada foi o encontro entre todos os participantes e a clara aposta pola visibilidade e pola denuncia das dificultades coas que nos atopamos para acadar unha vida independente.

Achégase a tempada das celebracións, e no centro estamos a preparar os encargos que temos recibido, sobre todo para primeiras comuñóns, tanto elaborando invitacións como presentes para os invitados.

Houbo tempo tamén para a formación dos traballadores, que participaron nun curso de Primeiros Auxilios, impartido por Cruz Vermella e celebrado nas nosas instalacións. O curso, ó que tamén acudiron compañeiros de A Creba e do STAND, foi organizado por Misela e subvencionado polo Concello de Noia, ó que queremos agradecer a súa implicación na formación dos profesionais que atenden a colectivos especialmente sensibles, acadando coñecementos básicos sobre o modo de actuar en diferentes situacións de emerxencia.

E por último, celebramos dous eventos dos que fan que nos ilusionemos co noso entorno: a Cea Solidaria celebrada no Restaurante Trapeiro, na cal se recadaron 3.702 € e a Master Class de Zumba, organizada por Araceli Beiro, contando cunha recadación de 950,95 €. Como todos os anos, contamos cunha alta participación, e non podemos máis que agradecer a todos os asistentes e patrocinadores a súa colaboración.

 

Termina maio, e de cara ó verán seguimos en acción... Os usuarios do Centro Misela están iniciando un programa de Autoxestores de ocio, e preparando un blog no que compartir con vós as súas actividades e intereses, mentres que os nenos do EDIAT só pensan no fin do curso escolar e nas vacacións, desde logo, ben merecidas!

 

Abril 2016

 

 

O día 14 de abril profesionais de Misela xunto cos técnicos de Deloa mantivemos una xuntanza en Ribeira dado que formamos parte dunha  mesa sectorial sobre a inclusión social e a discapacidade. Xunto con outras entidades do sector analizamos e detectamos ameazas, fortalezas e oportunidades no eido da discapacidade e dos servizos sociais en xeral. Xunto con axentes sociais (traballadores sociais, técnicos do sector da discapacidade…) fixamos obxectivos que se pretenden acadar cos novos proxectos que se financiarán cos fondos Leader 2014-2020.

Dende Deloa (Asociación de Desenvolvemento Local) promóvese un proceso de participación cidadá e favorece que asociacións coma Misela poidamos expoñer as necesidades que se detectan no entorno no que viven as persoas con discapacidade, que é un entorno rural e favorecer así una mellora da calidade de vida a través dunha xestión eficaz dos recursos dispoñibles de forma eficiente, responsable e transparente.

 

 

  Febreiro 2016: Adestramentos Deportivos.

 

Dende a Terapia Ocupacional fomentamos a participación en actividades normalizadas, establecendo unas sesións de adestramento semanais de fútbol sala e baloncesto, como preparación para a participación en xornadas deportivas que teñen lugar ó longo do ano e que organizan tanto Misela como outras organizacións da comarca. A actividade físico-deportiva é fundamental e ten en todas as persoas efectos beneficiosos tanto a nivel físico coma psicolóxico, por eso dende a nosa entidade promovemos a súa práctica de forma regular.

Manterémosvos informados das próximas citas deportivas e esperámosvos animando nas bancadas. A por eles Misela!!

 

Xaneiro 2016: Programa de Atención Temprana y Discapacidad Infantil.

 

  • El objetivo de este proyecto es prestar un servicio destinado a ofrecer una atención global a niños con trastornos en su desarrollo o riesgo de padecerlos y a sus familias.

  • Este proyecto forma parte de las convocatorias de subvenciones de COCEMFE y está financiado a través del 0,7% del IRPF del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

  • La Asociación Misela ejecuta este proyecto gracias a la solidaridad de los contribuyentes que marcaron la casilla de Actividades de Interés general consideradas de interés socialen su declaración de la renta.

 

La Asociación Misela desarrollará durante este año 2016 el proyecto de Atención Temprana y Discapacidad Infantil, con el que se pretende ofrecer una atención global y especializada tanto al niño con discapacidad o riesgo de padecerla como a su familia, potenciando el desarrollo del niño y favoreciendo su funcionalidad, sin separar al niño de su medio familiar y social. El proyecto prevé beneficiar a entre 30 y 35 niños y niñas y a sus familias, en las comarcas de Noia y Muros (A Coruña). 

Este proyecto se ejecuta gracias a la subvención de 59.000 euros procedente del 0,7% del IRPF del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad gestionado por COCEMFE. La Confederación gestiona esta subvención para que sus entidades miembros puedan financiar sus proyectos prioritarios, al tiempo que les proporciona asesoramiento y realiza el seguimiento durante la elaboración, ejecución y justificación de los mismos. En este caso, el proyecto se enmarca en el Programa de COCEMFE de Apoyo a la Autonomía Personal y la Vida independiente.

Para la Asociación Misela mantener este programa dirigido a niños con trastornos en su desarrollo o riesgo de padecerlos de entre 0 y 6 años, y a niños con discapacidad reconocida legalmente de entre 6 y 16 años, es fundamental para dar cobertura de tratamiento especializado a este colectivo, en el medio en el que desarrollan su vida, debido a que la mayor parte de los recursos necesarios para cubrir estas necesidades específicas se encuentran en grandes núcleos urbanos. Por lo tanto, a través de este programa se ofrece en su entorno próximo, atención individualizada de fisioterapia y terapia ocupacional, asesoramiento y orientación de una trabajadora social, atención a las familias, seguimiento, coordinación con el entorno y actividades de ocio.

Proyectos como éste se desarrollan gracias a la solidaridad de los contribuyentes que cada año marcan en su declaración de la renta la casilla de Actividades de Interés general consideradas de interés social.

La Asociación Misela es una Organización no Gubernamental, constituida en el año 1993, con el objetivo de promover el desarrollo personal y social de las personas con discapacidad, así como fomentar la participación y el bienestar de las familias, a través de una atención individualizada e interdisciplinar desde la infancia, en la comarca de Noia y ayuntamientos limítrofes. A nivel autonómico, la entidad es miembro de COGAMI COCEMFE Galicia (Confederación Galega de Personas con Discapacidad).

 

Decembro 2015: Obxectivos de Calidade.

 

Para este ano 2015 a Asociación Misela plantexou tres obxectivos de calidade, e un deles era mellorar a visibilidade da entidade a través de charlas nos centros educativos da zona. Durante este mes de decembro leváronse a cabo tres exposicións en centros de ensino de educación primaria e de educación secundaria de Lousame, Noia e Porto do Son. Escolares e profesionais dos centros educativos coñeceron de primeira man a labor que se leva a cabo nos distintos servizos que ofrece a entidade a través da presentación preparada polos profesionais e explicada polos propios usuarios. Produtos elaborados á man polos usuarios do centro de día e ocupacional da Asociación serviron de mostra  para dar a coñecer o traballo que se leva a cabo nos distintos obradoiros. Logo ó finalizar a exposición mestres e estudantes puideron facer preguntas sobre a entidade, horarios, servizos , ubicación e actividades que se prestan nela.

 

 

Novembro 2015: Emociona2.

 

Dende o Centro Misela levouse a cabo a formación dos traballadores da entidade cun  curso de  Intelexencia Emocional e Comunicación non Verbal, onde se reuniron máis de 1.482 persoas. Destinado a Educadores, Psicólogos , Pedagogos, Orientadores e Profesionais que xestionan o desenvolvemento da intelixencia emocional.

Dita formación é para  poder traballar en equipo, xestionar as tomas de decisión, estados emocionais dentro das Aulas e no Centro, e aplicar  todos estes coñecementos no día a día tanto no ámbito profesional, no persoal e como non,  cos usuari@s. Traballando así  dinámicas e  técnicas adecuadas para potenciar o desenvolvemento das emocións e da comunicación.

 

Outubro 2015: Visión holística.

 

Cando planificamos a intervención non podemos centrarnos no abordaxe dunha soa función (motora, sensorial, cognitiva ou social), se non que debemos enfocala dende unha perspectiva global e integradora, entendendo á persoa como un conxunto de sistemas que se organizan para poder funcionar.

A visión holística invítanos a manexar varios modelos, conceptos e técnicas á hora de observar e analizar o funcionamento da persoa nos seus diferentes contextos de participación, e planificar a intervención máis adecuada para a o desenvolvemento das áreas ocupacionais.

Tendo en conta ó anterior, durante este ano 2015, a terapeuta ocupacional do centro Misela realizou o Curso de Introdución ó concepto Bobath, o Curso de Neuro rehabilitación funcional do membro superior neurolóxico, o Curso de Técnicas e recursos relacionais para a práctica da Psicomotricidade e un Curso de Intelixencia Emocional.

Considerouse importante a formación en Bobath xa que na actualidade é un marco activo que está encadrado no contexto funcional da vida diaria. Así mesmo,  os profesionais necesitamos ferramentas que nos axuden a normalizar o tono alterado, a facilitar o control da postura e o desenvolvemento de movementos organizados e coordinados que permitan a participación da persoa en actividades significativas.

 

 

Setembro 2015: O novo Centro da Asociación Misela.

 

O camiño foi longo e moi duro, pero ó fin abrimos o novo centro o día 1 de setembro.

O centro, que se atopa na Avenida República Arxentina nº 60, conta con centro de día e centro ocupacional. As instalacións están preparadas para ofrecer servizos a trinta persoas con diversidade funcional con idades comprendidas entre 16 e 65 anos.

Se antes contábamos só con tres aulas, agora temos comedor, dúas salas polivalentes, un taller, aula de formación, sala de rehabilitación, sala de curas, oficinas, salas de axuste persoal. Ademais o espazo conta con alarmas nos aseos, barras de apoio, bucle magnético para persoas con discapacidade auditiva, etc.

 

Entre as prestacións e actividades que se realizan están:

  • Valoración, seguimento e avaliación dos nosos usuarios.
  • Información, orientación e formación a familias.
  • Asistencia nas actividades básicas e instrumentais da vida diaria.
  • Actividades e programas: desenvolvemento de habilidades para a vida diaria, habilidades sociais, formación prelaboral, obradoiro psicoeducativo, fomento das novas tecnoloxías, actividades de ocio e tempo libre, actividades deportivas, etc.
  • Fisioterapia e atención psicolóxica.
  • Etc.

As outras instalacións, situadas na rúa Frei Lois Rodríguez nº 9, seguen en funcionamento, prestando a Asociación Misela servizo de fisioterapia e terapia ocupacional a nenos con idades comprendidas entre 0 e 16 anos.

Aínda que se aveciña unha temporada complexa, somos moi optimistas de cara o futuro e esperamos que pronto comecemos a funcionar con prazas públicas, contratas pola Xunta de Galicia.

 

Xullo 2015: "Del revés"

 

A nova película de Pixar, Del Revés, defende a importancia que teñen as emocións na vida dunha persoa. A película intérnase na mente de Riley, unha adolescente de 11 anos que se muda a outra cidade. O seu cerebro atópase dominado por cinco emocións que tomarán o control: Alegría, Tristeza, Ira, Medo e Asco.

A película amósanos como estamos controlados polas emocións desde a decisión máis insignificante. Ademais, ensínanos como todas as emocións son importantes, incluída a tristeza, xa que nos fai recapacitar sobre a nosa vida.

Na Aula Ocupacional a través do obradoiro de Habilidades emocionais e afectivas expresamos como nos sentimos, que nos gusta, que nos motiva, as nosas metas e pensamentos e tamén aprendemos a recoñecer as emocións dos demais e a poñernos no seu lugar. A través das actividades que se levan a cabo mellóranse as habilidades sociais abríndose máis posibilidades para que as persoas con discapacidade sexan máis felices.

http://www.clarin.com/tendencias/intensa-mente-cerebro-emociones-tristeza-enojo-alegria-moda_0_1393660636.html

 

 

Xuño 2015: Cea Benéfica da Asociación Misela.

 

Máis de 210 persoas acudiron o día 5 de xuño á nosa Cea Benéfica no Restaurante O Trapeiro de Lousame. A entrada da cea tiña un custe de 35 euros, tendo a posibilidade de optar, no caso dos máis pequenos, polo menú infantil de 15 euros. Ademais tamén cabía a posibilidade de colaborar coa entidade a través das entradas solidarias de 20 euros, para todos aqueles que non podían asistir. Ó rematar a cea levouse a cabo un sorteo de máis de 65 regalos onde participaron as seguintes empresas:

Restaurante O Forno, Restaurante O Marico, Nai Novias, Floristería El Jardín, Merce bolsos, Rasgos, Moncho Moda, Manola palilleira, Opticalia, Lolita Moda, Pisa Morena, Star Center (Caracas), Floristería A. Mato, Iman Moda, Aqqua, Artesa agasallos, Mi Casa, Tareixa Ferrer, Olmedo, PeluqueríaSass, Fisioterapia Ana F. Godón, Zapatería Viñas, Gremio, Xoana, Federópticos Larrondo, Novedades Yaya, Núa moda, Diz hogar, FerreteríaTucho, Hotel Elisardo, Pillados, Ana Ces, Relojería Barreiro, Monchel calzados, Paco’s Moda, O Merliño, Óptica Ollos, Bazar Marucha, Juan del Río e Hijos, Barbanza Joya, Noia Histórica, Lumelar, Anelos, Restaurante Tío Manolo, Óptica Nieto, Deportes Casais, Relojería Verea, Pizzería Mama Mía, Peluquería Raquel Viñas, Librería Blanco, Comercial Castaño.

Despois do sorteo de regalos a festa alargouse ata as 3 e media da mañá amenizada por música a cargo de DJ Fran.

A recadación total foi de 4.068 euros.

Dende a Asociación Misela queremos agradecer a todos os asistentes e a todos os que participaron e colaboraron con nós neste evento.

 

 

Maio 2015: Por fin! o noso soño comeza a facerse realidade.

 

Despois de tantos anos loitando para poñer en marcha o noso centro de Recursos para persoas con discapacidade, por fin chegou o momento de que este soño se vexa feito unha realidade. Despois de que o ano pasado, a Deputación da Coruña e a Fundación ONCE  nos subvencionaran a compra dun local situado na rúa República Arxentina de Noia, recibimos neste mes de maio a resolución da subvención solicitada no ano 2014 ó AGADER, na cal se nos concede unha axuda de 208.846,65 euros para a realización da obra e o equipamento do centro. Este importe supón un 41,15% do custe total do proxecto.  

A apertura do centro está prevista para o próximo día 1 de setembro, este proxecto supón dotar ó noso concello dun importante recurso para as persoas con discapacidade e as súas familias. Entre mentres estamos á espera da resolución doutras axudas solicitadas, coma a da Fundación ONCE e tamén se está xestionando coa Deputación da Coruña para que así se alcance o financiamento suficiente para cubrir o custe total.  

 

Dende aquí queremos agradecerlle a COGAMI todo o apoio que nos está a prestar en tódolos aspectos, xa que se non fose así sería case imposible levar a cabo este gran proxecto.  

Ó marxe desta boa nova relacionada coa creación do novo centro, tamén tivemos outras axudas non menos importantes, xa que son moi necesarias para o mantemento dos servizos que se están prestando durante este ano 2015.

Unha delas é a do Concello de Noia, que no presente mes de maio asinou un convenio coa nosa entidade, no que nos conceden 10.000 euros destinados ó Programa do EDIAT.

A Deputación da Coruña, no programa FOAXE: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de servizos sociais durante o ano 2015, tamén nos concedeu 19.219,10 euros para o Programa de Aula Ocupacional. E a mesma Deputación,  dentro do programa FOIE (Investimento), subvenciónanos con 1.338,76 euros para a adquisición de material para Atención Temperá e Discapacidade Infantil, en concreto para a sala de Terapia Ocupacional.

 

 

30/03/2015 Feria do Comercio 2015

 

 

O primeiro fin de semana deste mes de Marzo celebrouse a Feira do Comercio organizada pola Asociación de Comerciantes de Noia Histórica, que ano tras ano colabora coa nosa entidade.  Desde os seus inicios, a Asociación Misela ven participando nela cun posto no que os usuarios da Aula Ocupacional poñen á venda os produtos que se elaboran nos talleres ó longo do ano. A través da participación neste evento  a entidade faise visible no entorno, mostrando a labor realizada por usuarios e profesionais  nos distintos servizos que se ofrecen, favorecendo así  a captación de novos socios ademais dos ingresos obtidos polas  vendas, que nesta edición estiveron arredor dos 480 euros.

 

 

 

 

 28/02/2015 Curso de elaboración de produtos de cosmética

 

 

 

No mes de Febreiro as profesionais da Aula Ocupacional da asociación participaron nun curso de elaboración de produtos de cosmética natural para que no futuro os usuarios poidan iniciarse na preparación deste tipo de produtos.

Ó longo do ano as profesionais realizaron formación variada e específica para adquirir coñecementos e así levar á práctica nas distintas actividades e obradoiros que se levan a cabo na entidade.

 

 

 

  

22/10/2014 Comezo da tempada de natación

 

Este mes de Outubro  os usuarios da Aula Ocupacional comenzamos  a actividade de natación na piscina municipal de Noia que se prolongará ata xuño de 2015.

Ademais como novidade, este ano disfrutaremos das  novas instalacións de jacuzzi e spa que fai que dita actividade resulte ainda máis placenteira.  

Dita actividade está enmarcada na programación xeral da entidade e o seu obxectivo é promover a actividade física nas persoas con discapacidade.

 

 

 

 

 

02/10/2014 A formación do persoal na Asociación Misela

 

Dentro da Asociación Misela, a formación considérase imprescindible para cubrir as necesidades formativas do persoal, incrementando a súa competencia e coñecementos a través da mesma. Neste ano 2014 os profesionais da entidade realizaron os seguintes cursos, sempre perseguindo a mellora e a calidade na prestación dos servizos:

- A nosa fisioterapeuta do EDIAT (Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá) levou a cabo o Curso Introductorio ó Concepto INN (Integración de Neurodinámica en Neurorrehabilitación) e o Curso Introductorio ó modelo DIR Floortime.

- A terapeuta ocupacional do EDIAT realizou o Curso Básico de Estimulación Basal, o Curso Introductorio ó modelo DIR Floortime e o Curso de Terapia Ocupacional basada no Enfoque da Integración Sensorial.

 

- Todas as profesionais da Aula Ocupacional recibiron formación en Intervención con familias de persoas con diversidade funcional e Curso Básico de Linguaxe de Signos.

 

 

20/09/2014 Participación na comunidade.

 

O sábado día 20 de setembro, os usuarios e monitores da Aula Ocupacional da Asociación Misela, estivemos  no hipermercado Eroski de Noia. Nesta xornada déronse a coñecer algúns dos traballos, a través da exposición dos produtos que se realizan na aula , os cales se puxeron á venda. Ó mesmo tempo, tamén comenzamos a venda de participacións do número 24.458 correspondente ó sorteo da lotería de Nadal que se celebrará o próximo 22 de decembro.

A participación na comunidade é unha das actividades que se levan a cabo no servizo de Aula Ocupacional da nosa  entidade e que favorece a mellora da calidade de vida dos nosos usuarios, facendo deste xeito que o traballo que se realiza día a día sexa visible na sociedade que nos rodea.

 

 

 

 

 

05/09/2014 II Xornada Deportiva organizada pola Asociación Misela. 

 

O venres 5 de setembro celebramos a II Xornada Deportiva, no Pavillón Polideportivo do Concello de Lousame. Nesta edición contamos coa participación das entidades AMBAR (Ribeira), A CREBA (Noia), ÍNTEGRO (Cabana de Bergantiños) e ADISBISMUR (Outes).

O torneo de fútbol sala foi a actividade principal, proclamándose campión o equipo da Asociación Pro-Saúde Mental A Creba, de Noia, que dominou a competición gañando todos os seus partidos, seguido na clasificación por AMBAR, Íntegro, ADISBISMUR e Misela.

Ó tempo que no pavillón se disputaban os partidos de fútbol sala, nas inmediacións do mesmo podíase probar sorte co tenis de mesa, grazas ó club ADECO-DEA, que dispuxo o material necesario para levar a cabo actividades de iniciación a este deporte.

Tras a comida, os participantes das xornadas puideron disfrutar do resto do día na Piscina Municipal de Lousame.

Foi un día de deportividade e convivencia entre entidades amigas, ás que queremos agradecer a súa participación para que a xornada resultase todo un éxito.

Tamén queremos agradecer a colaboración prestada polo concello de Lousame, que fixo posible a celebración destas xornadas, aportando tanto medios materiais como técnicos.

 

 

 

30/06/2014 Curso de lingua de signos.

 

 

 

En Xuño as profesionais da asociación rematamos un curso de lingua de signos que tivo unha duración de 30 horas.

Durante o mesmo, aprendemos a comunicarnos a través da linguaxe xestual e así iniciarnos na práctica desta lingua.

 

 

 

 

 

 

 

04/02/2014 Charla dos usuarios da Aula Ocupacional no Colexio María Assumpta de Noia.

 

 

Esta semana, usuarios da Aula Ocupacional da Asociación Misela, acudiron ó Colexio María Assumpta de Noia para explicar como é o seu día a dia na Asociación.

 

Deron a coñecer as actividades que realizan e levaron materiais elaborados por eles mesmos, explicándolles ós alumnos como os elaboraban.

 

 

 

 

 

 

 

15/12/2013 “Non te preocupes, sé feliz!”

Con motivo do noso XX Aniversario, os usuarios da Asociación Misela teñen o gusto de presentarvos o videoclip: "Non te preocupes, sé feliz!"

Moitas gracias á Asociación O Besbello do Calvario 29, a Luís Avilés e a Nacho Carnota. GRACIAS!

 

http://www.youtube.com/watch?v=GZGylBukH1k

 

 

 14/12/2013 Gala XX Aniversario da Asociación Misela

 

 

O sábado celebramos a gala do noso XX Aniversario na Sociedade Liceo de Noia.

Á mesma acudiron máis de 200 persoas, entre as que se atopaban o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

A gala foi presentada por Olga Rodríguez e na mesma presentouse o videoclip “Non te preocupes, sé feliz!” e un documental sobre a entidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

03/12/2013 Presentación do Calendario Solidario da Asociación Misela

 

 

 

No Salón de Plenos do Concello de Noia presentouse o Calendario Solidario do ano 2014. Este ano contamos coa participación de clubes e entidades deportivas da zona como: Ciclismo Toxo, CF Noia, CB Noia, a Escola Municipal de Patinaxe do concello de Noia, Escudería Berberecho, etc.

 

 

 

 

 

 

 

 

23/11/2013 Gravación do videoclip “Non te preocupes, sé feliz”

 

 

O sábado 23 estivemos gravando na Alameda de Noia o videoclip “Non te preocupes, sé feliz”, para conmemorar o noso XX Aniversario. Foi un día fantástico e queremos darlle as gracias á Asociación Sociocultural O Besbello do Calvario, 29, a Abraham, Nacho, Vanessa, Itziar, Olga e Luís Avilés por facelo posible.

O videoclip poderédelo ver o 14 de decembro no festival do noso XX Aniversario.

 

 

 

 

 

 

 

30/10/2013 Charla dos usuarios da Aula Ocupacional no CEIP Cernadas de Castro

 

 

Esta semana, usuarios da Aula Ocupacional da Asociación Misela, acudiron ó CEIP Cernadas de Castro para explicar como é o seu día a dia na Asociación.

 

Deron a coñecer as actividades que realizan e levaron materiais elaborados por eles mesmos, explicándolles ós alumnos como os elaboraban.

 

 

 

 

 

 

 

12/09/2013 Obra Social “la Caixa” apoia á Asociación Misela

 

 

O xoves 12 de setembro a presidenta da Asociación Misela, Mª Carmen Hermida Santamaría e o director da oficina de La Caixa en Noia, Cristóbal Lodos, asinaron o convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de atención ó neno con discapacidade. 

Bianualmente dende o 2009, Obra Social “la Caixa” ven apoiando os proxectos presentados pola Asociación Misela, sendo un pilar fundamental para o mantemento das actividades prestadas pola nosa entidade.

O programa subvencionado neste ano 2013 con 22.500 euros, dará comezo en outubro e finalizará en setembro de 2014. O programa inclúe fisioterapia e terapia ocupacional para nenos de entre 6 e 16 anos. 

 

 

 

 

 

31/07/2013 Xornada de convivencia coas familias

 

 

O pasado mércores 31 de xullo celebramos na área recreativa do Ceilán, da Sociedade Liceo de Noia, a II Xornada de convivencia coas familias da Asociación Misela.

Cerca de 50 persoas se achegaron ás instalacións do Ceilán para celebrar a xuntanza anual das familias dos usuarios do EDIAT e da Aula Ocupacional.

A xornada tivo comezo ás 12 horas do mediodía e estendeuse ata as 8 da tarde. Despois de comer organizáronse xogos en grupo, tenis, bádminton, fútbol e para finalizar, un pequeno baile.

Grazas á Sociedade Liceo por permitirnos celebrar a xuntanza nas súas instalacións e moitas grazas especialmente ás familias por acompañarnos un ano máis. 

 

 

 

 

 

 

23/07/2013 Xornadas deportivas de AMBAR

 

 

O martes 23 de xullo a Asociación AMBAR  de Ribeira celebrou as súas décimas xornadas deportivas ás que foron convidadas outras asociacións como A Creba, Adisbismur e a Asociación Misela.

 

O evento celebrouse no polideportivo ribeirense de A Fieiteira ó que acudiron ó redor de 200 persoas. A xornada comezou cos partidos de baloncesto, seguido da entrega de trofeos. A continuación, os participantes desprazáronse ó merendeiro de Praia Xardín en Boiro, onde se celebrou a comida con xogos e praia ó finalizar esta. 

 

 

 

 

 

 

 

 

10,11 e 12/07/2013 I Xornadas Náuticas Adaptadas de ADECO-DEA

 

O club deportivo ADECO-DEA (Deporte Adaptado para persoas con discapacidade) de Noia, celebrou no porto de O Freixo, as I Xornadas Náuticas Adaptadas ás que foi convidada a Asociación Misela, entre outras entidades.

 

Nas xornadas participaron máis de 100 persoas durante os tres días de celebración. Os participantes recibiron clases de vela adaptada e navegación a motor durante unha travesía pola Ría de Muros e Noia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 22/06/2013 Xornada de Pesca en Val do Dubra

 

 

A Asociación Avante de persoas con discapacidade de Val do Dubra celebrou en Bembibre unha Xornada de Pesca organizada pola Asociación de Pescadores O Ranqueiro.

 

Os participantes formaban parte das entidades Avante, Amico de Santiago, centro de recursos de Medelo, Adisbismur de Muros e a Asociación Misela.

 

A xornada comezaba ás 11:30 da mañá e finalizaba ás 18:00 da tarde, realizando actividade de pesca de troitas, comida con empanada, churrasco e postre, finalizando con música e baile.

 

 

 

 

 

 

10/06/2013 Acto de entrega de Certificados ISO:9001

 

 

 

En 2010 comezamos un camiño no que a formación recibida, dentro dos programas da Fundación Novacaixagalicia, sumada ó esforzo realizado na entidade, conduciunos a este momento: o acto público de entrega da certificación de calidade ISO 9001:2008, que garante o noso compromiso coa mellora continua.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O acto levouse a cabo o 10 de xuño no Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia, en A Coruña, e foi presidido por Dna. Beatriz Mato (Conselleira de Traballo e Benestar). Ademais das Certificacións ISO 9001 outorgadas ós compañeiros de ASPADEX, Autismo Ourense, Érguete, Vontade, Cociña Económica de Ferrol, AFACO, AFAGA, DOA, e a nós mesmos, tamén foi o momento de recoñecer o traballo doutras entidades que participaron na formación de Xestión Estratéxica e de Transformación Cultural, como ASPACE, ASPANAES, APAMP, Asociación Nsa. Señora de Chamorro, etc.

Podedes ver o vídeo do acto premendo no seguinte enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=0L7umCSg654

 

 

 

 

 

 

01/06/2013 V Cea Solidaria da Asociación Misela

A noite do sábado 1 de xuño converteuse nunha festa para todos os asistentes á V Cea Solidaria da Asociación Misela. Preto de 187 persoas achegáronse ó Pazo do Tambre para acompañarnos nesta edición da cea, na que ademais conmemoramos o XX aniversario da creación da asociación.

Despois dos entrantes, que foron servidos no exterior, os presentes recibiron a benvida da presidenta, Mª Carmen Hermida Santamaría, que agradeceu a todos a colaboración e o apoio prestado ano tras ano. A continuación, proxectouse unha presentación sobre o percorrido da entidade nestes 20 anos, que podedes ver no enlace http://prezi.com/q1q9yqfwd7i1/20-anos-de-retos-cea-solidaria/. Tras a cea, tivo lugar o sorteo de regalos doados por diferentes empresas da comarca.

E para rematar unha gran noite, contamos coa actuación da cantante Mar Davila, que, coa súa gran voz e as ganas de facernos disfrutar, fixo da pista de baile un escenario no que todos fomos protagonistas.

Xa estamos desexando que chegue o ano que vén!

 

 

30/05/2013 Asinada a prórroga do convenio co Concello de Noia

A Asociación Misela ven de asinar a prórroga do convenio que mantén co concello de Noia para o ano 2013.

O convenio de 4.000 euros, está destinado ó cofinanciamento dos gastos do servizo EDIAT (Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá), que supón un gasto anual de aproximadamente 52.000 euros. O resto do financiamento obtense principalmente de ingresos xerados por actividades propias da entidade e outras subvencións.

 

Ademais a entidade presta os seus servizos nun local cedido polo concello e este faise cargo dos gastos de mantemento da entidade: auga, luz, teléfono, limpeza, etc, e de outras actividades de ximnasia e psicomotricidade.

 

 

 

29/05/2013 Visita de Diego Calvo

 

O 29 de maio recibimos a visita de D. Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña, que veu asinar un convenio que contribúe con 20.000 € ó financiamento do EDIAT (Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá). Este equipo atende a nenos con trastornos no seu desenvolvemento ou risco de padecelos, con idades comprendidas entre 0 e 16 anos, nos ámbitos da Fisioterapia e a Terapia Ocupacional.

O presidente aproveitou a visita para coñecer ós usuarios da Aula Ocupacional, que lle ensinaron algúns dos produtos que elaboran.

Aquí tendes o enlace á noticia da web da Deputación:

 

http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=18765

 

 

 

 

 

 

 

14/05/2013 Rotulación do coche co novo logo

 

 

O coche da Asociación Misela xa luce o novo logo.

Nos vindeiros días xa poderedes ver pola rúa o coche da entidade rotulado con novo nome e logo.

Queremos agradecer a Rótulos Ageitos a súa colaboración e felicitalos polo seu bo traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

23/04/2013 Gravación do programa LipDub Noia en Noia

 

 

Día apaixoante divertido na gravación do programa LipDub da Televisión de Galicia na localidade de Noia.

 

Queremos agradecer enormemente o trato recibido por todo o equipo de Alen Filmes, grazas pola vosa calidade humanae grazas por facernos pasar un día moi especial. 

 

 

 

 

 

 

 

 

07/03/2013 Feira do Comercio Noia

 

 

Esta fin de semana celébrase a Feira do Comercio de Noia, a Asociación Misela estará nun stand cedido pola Asociación de Empresarios e Noia Histórica, nel encontraredes produtos elaborados por usuarios da Aula Ocupacional.


A Feira terá lugar no Pavillón Municipal de Noia cos seguintes horarios:
Venres 8 de 17:00 a 21:30
Sábado 9 de 10:30 a 21:30
Domingo 10 de 10:30 a 21:00