20 de agosto de 2020

Transparencia e bo goberno

A transparencia é un dos valores fundamentales da Asociación Misela. Entendemos por transparencia, aquela actitude honesta, veraz e lícita dunha organización,
para que esta cumpra a súa misión e visión de forma clara e ética. Inclúe a transparencia
a nivel económico, informativo e de traballo interno, tanto dentro da Asociación Misela como
de cara á sociedade.
Así, as persoas que integramos a Asociación Misela:

  • Respectaremos a legalidade, mantendo no desempeño das actividades, un estrito respecto
    á normativa vixente.
  • Seremos transparentes económica e informativamente tanto de cara á sociedade, como ós
    financiadores, socios e socias, usuarios/as, familias, traballadores/as e colaboradores/as.
  • Realizaremos un bo uso dos recursos propios, públicos e de terceiros, baseándonos na
    austeridade e sobriedade.
Política de Privacidade e Aviso Legal