28 de enero de 2021

Sobre nós

O 16 de xuño de 1993, a raíz da unión de pais dos nenos que acudían ó STAND (Servizo de Tratamentos a Nenos con Discapacidade), do Concello de Noia, constituíuse a Asociación de Pais do STAND, coa finalidade de dar ó neno con discapacidade o completo benestar físico, psíquico e social.

Ó longo dos anos, a entidade evoluciona cara á atención das persoas con discapacidade, tanto nenos e nenas como adultos, a través de servizos especializados.

No ano 2012, para dar un impulso á labor da entidade e aumentar a súa visibilidade social, a Asociación de Pais do STAND cambia de nome, denominándose a partir dese momento MISELA Asociación de persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros.

En 2015 créase un novo servizo para adultos, o Centro de Atención á Persoa con Discapacidade en Noia, contando con 15 prazas de centro de día para persoas con discapacidade e 15 prazas de centro ocupacional.

A Asociación MISELA é unha entidade sen ánimo de lucro, cos seguintes rexistros e inscricións:

  • Inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións con data 28 de outubro de 1993, con número 3465/1ª.
  • Inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais con data 24 de marzo de 1995, con número E-0794.
  • Declarada de Utilidade Pública, por orde autonómica do 16 de novembro de 2010.

Os obxectivos estatutarios da Asociación son:

  • Promover a autonomía e a integración das persoas con discapacidade no ámbito familiar, escolar, social e laboral.
  • Potenciar a utilización e a busca dos recursos necesarios para unha mellor atención da persoa con discapacidade ou neno con risco de padecela.
  • Prestar asesoramento e atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias ou titores.
  • Defender os dereitos do neno e da persoa con discapacidade en xeral.
  • Prevención de posibles discapacidades.
  • Fomentar a inclusión laboral das persoas con discapacidade.
  • Promover a actividade cultural, a práctica deportiva e a actividade física nas persoas con discapacidade.

O ámbito de actuación da Asociación comprende Noia, Lousame, Outes, Porto do Son e Muros, aínda que en casos excepcionais aténdese a persoas con discapacidade procedentes doutros concellos cercanos.

MISIÓN

A Asociación Misela é unha entidade privada sen ánimo de lucro que ten como misión promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como fomentar a participación e o benestar das familias, a través dunha atención individualizada e interdisciplinar dende a infancia, na comarca de Noia e concellos limítrofes.

VISIÓN

Ser unha entidade que actúa de forma responsable, organizada, aberta á comunidade, orientada á calidade e con capacidade de adaptación ó cambio:

  • Na prestación de servizos integrais de atención á persoa con discapacidade ou ó neno con risco de adquirila, así como ás súas familias.
  • Na loita pola inclusión e a participación efectiva das persoas con discapacidade no ámbito familiar, escolar, social e laboral.

VALORES

As accións levadas a cabo pola Asociación Misela, réxense polos seguintes valores:

  1. Traballo en equipo
  2. Mellora continua
  3. Respecto
  4. Transparencia
  5. Igualdade interseccional
  6. Implicación
  7. Confianza
  8. Proximidade
  9. Accesibilidade
  10. Inclusión
  11. Capacidade de adaptación ó cambio
  12. Profesionalidade

A Asociación Misela conta cun Código Ético propio, que pode ser descargado premendo AQUÍ.

Política de Privacidade e Aviso Legal