25 de agosto de 2020

POLÍTICA DE CALIDADE

A asociación MISELA comprométese a promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como fomentar a participación e o benestar das familias, a través dunha atención individualizada e interdisciplinar dende a infancia, nas comarcas de Noia e Muros.

Para cumprir coa súa política e garantir a satisfacción das necesidades e expectativas dos diferentes grupos de interese, a Asociación adquire os seguintes compromisos:

 Coas persoas con discapacidade

  • Ofrecer unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades.
  • Fomentar a igualdade de oportunidades no ámbito rural.
  • Promover a continuidade e a mellora dos servizos.

 Coas familias das persoas con discapacidade

  • Facilitar a participación e implicación das familias.
  • Fomentar a dispoñibilidade dos traballadores e o trato próximo e respectuoso.
  • Promover a continuidade e a mellora dos servizos.

 Cos traballadores da entidade

  • Fomentar o traballo en equipo.
  • Garantir a estabilidade laboral e o recoñecemento profesional.
  • Asegurar espazos de planificación e avaliación do traballo.
  • Facilitar a formación.

 Cos financiadores e colaboradores

  • Eficacia e transparencia na xestión.
  • Rendición de contas dos programas subvencionados e da Asociación en xeral.
  • Difusión social da colaboración obtida.

 Cos socios e a comunidade

  • Facilitar a comunicación e dar a coñecer os servizos e proxectos da Asociación.
  • Promover o voluntariado.

A Asociación Misela declara que:

A presente Política de Calidade é apropiada ó propósito e contexto da organización e apoia a súa dirección estratéxica, proporcionando un marco de referencia para establecer os obxectivos de calidade. É revisada anualmente para garantir a súa adecuación, sendo comunicada a todos os
traballadores da entidade e estando dispoñible para as partes interesadas pertinentes.

O Sistema de Xestión de Calidade cumpre cos requisitos establecidos na norma UNE-EN ISO 9001, así como todos aqueles que sexan de aplicación na actividade desenvolvida pola organización, que se compromete a mellorar continuamente a eficacia de dito sistema.

Asdo. Mª Carmen Hermida Santamaría
Presidenta
Aprobada pola Xunta Directiva con data 08/03/2018

Política de Privacidade e Aviso Legal