SERVIZO DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL

Este servizo foi creado en outubro de 2009, co obxectivo de ofrecer atención especializada a persoas en situación de discapacidade e/ou dependencia maiores de 16 anos e que non asisten a ningún tipo de centro especializado. Durante este ano 2019, o servizo dispuxo dunha Terapeuta Ocupacional, unha Fisioterapeuta e unha Mestra de Educación Especial.
A atención que se presta desde este servizo inclúe:
- Atención individualizada de educación especial e fisioterapia. Lévanse a cabo sesións individuais ou en pequeno grupo de 45 minutos ou unha hora de duración.
- Actividades de coordinación entre os profesionais, que se realiza principalmente a través de reunións periódicas de equipo. Tamén se levaron a cabo entrevistas cos servizos externos que pertencen o entorno social dos usuarios (educación, sanidade…).
- Atención ás familias. Atención individual ás familias e actividades grupais.