
A Asociación Misela conta co certificado de calidade ISO 9001 dende o ano 2012, que recoñece o noso compromiso coa mellora continua.
De forma periódica o Equipo de Calidade da Asociación Misela, realiza un seguimento e análise dos indicadores dos seus procesos para establecer medidas de mellora, no caso de ser necesario.
Anualmente os servizos da entidade, sométense a dúas auditorías, unha interna e outra externa.
Este é o certificado ISO 9001 da Asociación Misela:
![]() | ![]() | ![]() |
Así, a Política de Calidade da Asociación MISELA establece:
A Asociación MISELA comprométese a promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como fomentar a participación e o benestar das familias, a través dunha atención individualizada e interdisciplinar dende a infancia, nas comarcas de Noia e Muros.
Para cumprir coa súa política e garantir a satisfacción das necesidades e expectativas dos diferentes grupos de interese, a Asociación adquire os seguintes compromisos:
Coas persoas con discapacidade:
- Ofrecer unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades.
- Fomentar a igualdade de oportunidades no ámbito rural.
- Promover a continuidade e a mellora dos servizos.
Coas familias das persoas con discapacidade:
- Facilitar a participación e implicación das familias.
- Fomentar a dispoñibilidade dos traballadores e o trato próximo e respectuoso.
- Promover a continuidade e a mellora dos servizos.
Cos traballadores da entidade
- Fomentar o traballo en equipo.
- Garantir a estabilidade laboral e o recoñecemento profesional.
- Asegurar espazos de planificación e avaliación do traballo.
- Facilitar a formación.
Cos financiadores e colaboradores
- Eficacia e transparencia na xestión.
- Rendición de contas dos programas subvencionados e da Asociación en xeral.
- Difusión social da colaboración obtida.
Cos socios e a comunidade
- Facilitar a comunicación e dar a coñecer os servizos e proxectos da Asociación.
- Promover o voluntariado.