Misión

 

Promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como fomentar a participación e o benestar das familias, a través dunha atención individualizada e interdisciplinar dende a infancia, na comarca de Noia e concellos limítrofes.

 

 

Visión

 

  1. Ofrecer servizos integrais de calidade á persoa con discapacidade e á súa familia.
  2. Ser un referente na prestación de servizos a persoas con discapacidade, con recoñecemento social.
  3. Ser unha entidade con capacidade de adaptación á evolución das necesidades do colectivo e factores externos que inflúan no 3º sector.

 

 

 

Valores

As accións levadas a cabo pola Asociación Misela, réxense polos seguintes valores:

 

  • Traballo en equipo, compartindo misión, obxectivos e expectativas.
  • Orientación á calidade, buscando a mellora continua dos servizos.
  • Integridade e coherencia das accións realizadas cos valores propios da entidade.
  • Solidariedade e respecto entre os seus membros e con calquera individuo, grupo ou entidade cos que se mantén algún tipo de relación.
  • Compromiso e perseveranza no cumprimento da nosa misión e na consecución da visión da Asociación .
  • Igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade no ámbito rural.