SERVIZO DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL

 

Este servizo foi creado en outubro de 2009, ó abeiro das axudas recibidas nos Programas de Cooperación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, contando cunha continuidade anual dende entón e dependendo da concesión con distinto persoal entre o que atopamos fisioterapeuta, terapeuta ocupacional e mestra de educación especial. O mantemento deste servizo depende, polo tanto, da concesión anual dos Programas de Cooperación.

Dende a Asociación Misela obsérvase a necesidade de ofrecer un servizo de tratamento que continúe, no caso do EDIAT, a atención dos usuarios que o necesiten a partir dos 16 anos,  ó mesmo tempo, que ofrece a posibilidade de satisfacer as necesidades de adultos con discapacidade. Polo que este servizo está dirixido a persoas maiores de 16 anos, con discapacidade física, intelectual ou mixta, ás súas familias e ó entorno cercano.