CENTRO OCUPACIONAL

 

Centro con 10 prazas autorizadas, situado na Avenida República Arxentina número 60 de Noia. Comezou a funcionar o día 1 de setembro de 2015.

O servizo de atención diúrna ocupacional está dirixido a persoas con discapacidade con necesidades de apoio intermitente, e/ou en situación de dependencia, que precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, social, terapéutico e ocupacional. A atención céntrase no apoio ó desenvolvemento das ABVD e AIVD, na promoción da súa saúde emocional, no desenvolvemento de actividades no entorno e en programas de formación e preparación prelaboral.

Os programas e actividades que se levan a cabo no Centro Ocupacional son os seguintes:

 

A) Área de información, valoración, seguimento e orientación.

  • Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación.
    • Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.
    • Programa de atención individual (PI).
    • Seguemento e avaliación do PI.

 

  • Servizo de información, orientación e formación a familiares.
    • Acollida e valoración de necesidades da familia.
    • Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.
    • Plan de apoio familiar.
    • Seguemento e avaliación do plan de apoio familiar.

 

B) Área de formación básica e instrumental.

  • Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria.
    • Actividades básicas: aseo, alimentación, vestido, control e administración da medicación, previa prescrición médica do facultativo que terá que ser facilitada ao centro por parte da persoa usuaria ou da súa familia, xunto cos respectivos medicamentos, etc.
    • Actividades instrumentais: coidado do fogar, realización de compras, coidado da saúde, preparación de comidas, etc.

 

C) Área de actividades e programas.

  •  Actividades de ocio e tempo libre: excursións, talleres temáticos, actuacións, participación en xornadas, actividades sociais e deportivas...

 

D) Área de formación profesional.

  •  Servizo de formación para o emprego.
    • Desenvolvemento e mellora das habilidades adaptativas (axuste persoal e social).
    • Formación prelaboral.
    • Formación práctico-laboral e/ou ocupacional e/ou emprego con apoio.

 

E) Área de mantemento e/ou rehabilitación.

  • Atención psicolóxica.

 

F) Área de servizos xerais.

  • Manutención e dietas especiais. O centro contará con menús supervisados por un técnico/a en dietética ou nutrición, a fin de garantir ás persoas usuarias o aporte dietético e calórico axeitado.
  • Limpeza e mantemento.
  • Xestión e administración.
  • Supervisión e vixilancia.