CENTRO DE DÍA

 

Centro con 20 prazas autorizadas, situado na Avenida República Arxentina número 60 de Noia. Comezou a funcionar o día 1 de setembro de 2015.

O servizo de atención diúrna terapéutica ofrece atención a persoas de entre 16 e 65 anos, con discapacidade e con necesidades de apoio extenso e xeneralizado e/ou en situación de dependencia, neste lévanse a cabo un conxunto de actuacións encamiñadas a ofrecer unha atención integral durante o período diúrno, que inclúen a asistencia para a realización de actividades básicas da vida diaria, rehabilitación funcional, actividades de participación na comunidade, etc. co obxectivo de mellorar ou manter o nivel de autonomía persoal, así como apoiar as súas familias ou persoas coidadoras.

Os programas e actividades que se levan a cabo no Centro de Día son os seguintes:

 

A) Área de información, valoración, seguimento e orientación.

  • Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación.
    • Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.
    • Programa de atención individual (PI).
    • Seguemento e avaliación do PI.

 

  • Servizo de información, orientación e formación a familiares.
    • Acollida e valoración de necesidades da familia.
    • Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios.
    • Plan de apoio familiar.
    • Seguemento e avaliación do plan de apoio familiar.

 

B) Área de formación básica e instrumental.

  • Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria.
    • Actividades básicas: aseo, alimentación, vestido, control e administración da medicación, previa prescrición médica do facultativo que terá que ser facilitada ao centro por parte da persoa usuaria ou da súa familia, xunto cos respectivos medicamentos,  etc.
    • Actividades instrumentais: coidado do fogar, realización de compras, coidado da saúde, preparación de comidas, etc.

 

 

C) Área de actividades e programas.

  • Actividades de ocio e tempo libre: excursións, talleres temáticos, actuacións, participación en xornadas, actividades deportivas...

 

D) Área de mantemento e/ou rehabilitación.

  • Fisioterapia.
  • Psicomotricidade.
  • Atención psicolóxica.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E) Área de servizos xerais.

  • Manutención e dietas especiais. O centro contará con menús supervisados por un técnico en dietética ou nutrición, a fin de garantir ás persoas usuarias o aporte dietético e calórico axeitado.
  • Limpeza e mantemento.
  • Xestión e administración.
  • Supervisión e vixilancia.