Os obxectivos da Asociación lévanse a cabo na actualidade a través dos seguintes servizos de atención á persoa con discapacidade, desde a súa infancia ata a idade adulta:

 

EDIAT (Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá), que ofrece servizos a nenos con trastornos no seu desenvolvemento ou risco de padecelos dende os 0 ata os 6 anos, e a nenos con discapacidade recoñecida dende os 6 ata os 16 anos.

 

Centro Misela: servizo de atención diúrna para persoas con discapacidade intelectual ou mixta,maiores de 16 anos. Inclúe:

  • Centro de Día Misela: destinado a usuarios con necesidades de apoio extenso e xeneralizado e/ou en situación de dependencia.
  • Centro Ocupacional Misela: dirixido a persoas con discapacidade con necesidades de apoio intermitente, e/ou en situación de dependencia, que precisen dunha serie de coidados e atencións de carácter persoal, social, terapéutico e ocupacional.

 

Servizo de Promoción da Autonomía Persoal: dirixido a persoas con discapacidade física, intelectual ou mixta maiores de 16 anos. Trátase dun programa levado a cabo por un equipo interdisciplinar.