Os obxectivos da Asociación lévanse a cabo na actualidade a través dos seguintes servizos de atención á persoa con discapacidade, desde a súa infancia ata a idade adulta:
EDIAT (Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá), que ofrece servizos a nenos con trastornos no seu desenvolvemento ou risco de padecelos dende os 0 ata os 6 anos, e a nenos con discapacidade recoñecida dende os 6 ata os 16 anos.
Centro de Día Misela, dirixido a persoas con discapacidad intelectual de entre 16 e 65 anos, con necesidades de apoio extenso e xeneralizado.